Sobre como nos maltrata a agroindustria
As organizacións que elaboramos este manifesto consideramos necesario afirmar, unha vez máis, o noso compromiso decidido por alcanzar unha sociedade máis xusta e solidaria. No actual contexto de cambio climático e crise alimentaria global é fundamental garantir os dereitos das labregas e labregos e a Soberanía Alimentaria dos pobos.
Durante as xornadas "Agroecoloxía ou barbarie: como nos maltrata a agroindustria", convocadas en xuño polo Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordinadora Europea de La Vía Campesina (CEVC), puidemos analizar as terribles consecuencias do modelo agroindustrial de produción alimentaria, un negocio que non deixa de expandir descontroladamente o seu poder, ameazando calquera posibilidade de desfrutar dunha vida digna nos nosos territorios.
A agroindustria ten múltiples impactos negativos que afectan dun modo irreparable á saúde das persoas e dos ecosistemas, contando co consentimento cómplice dos nosos gobernos e o descoñecemento maioritario da sociedade. Ademais, impide e destrúe toda posibilidade de desenvolvemento dunha economía labrega no medio rural, aprópiase ilexítimamente dos nosos bens comúns e considera que tódolos seres vivos que formamos parte da natureza somos mercadorías das que pode dispor ao seu capricho para seguir engordando as súas ganancias dun xeito ilimitado.
Por todo isto,
DENUNCIAMOS QUE:
-
- A Agroindustria é o produto de décadas de políticas neoliberais promovidas polo Banco Mundial (BM), o Fondo Monetario Internacional (FMI) e a Organización Mundial do Comercio (OMC). O desenvolvemento da economía capitalista ten xerado unha forma de neofeudalismo e acumulación de poder, cuxa estratexia de expansión consiste no acaparamento de terras, que deixan de estar ao servizo do ben común para privilexiar os intereses económicos dun número moi limitado de corporacións transnacionais (como Surexport, Driscoll, etc.).
- A Agroindustria reproduce os roles do patriarcado, exercendo violencia directa sobre as mulleres, sobre todo para as que se atopan en situacións de máxima vulnerabilidade.
- O Agronegocio é un modelo colonialista e racista, que se aproveita impunemente das persoas migrantes e de todas aquelas que se atopen en situación de indefensión por calquera tipo de circunstancias. Os seus beneficios son froito da explotación esclavista da man de obra en condicións laborais infrahumanas, o abuso sen escrúpulos das persoas traballadoras e o incumprimento sistemático dos dereitos humanos máis fundamentais.
- O Agronegocio é unha actividade industrial manexada por un oligopolio de transnacionais que incrementan dramáticamente a desigualdade entre os países do Norte e do Sur global, xerando conflictos e violencia e condenando á inmensa maioría da poboación mundial a vivir en situacións de penuria, fame e un enorme sufrimento.
- A Agroindustria consume unha cantidade excesiva de auga e agota os acuíferos dos que dependemos tódolos seres vivos, destruíndo o equilibrio e a biodiversidade dos ecosistemas e aumentando gravemente a proporción da poboación que ve restrinxido o seu acceso a un ben tan imprescindible.
- A Agroindustria emprega toneladas de fertilizantes químicos e agrotóxicos, envelenando a terra que habitamos, a agua que bebemos e o aire que respiramos.
- A Agroindustria é a maior causa de deforestación no planeta e xera as condicións necesarias para o desenvolvemento das zoonoses, a extinción masiva de insectos polinizadores, ou os incendios que asolan o noso medio rural, entre outros.
- A Agroindustria realiza un consumo intensivo de enerxía en forma de combustibles fósiles, producindo unha gran cantidade de emisións de CO2, agravando a crise climática e contribuíndo ao calentamento do planeta. Ademais, tamén xera moitos outros tipos de residuos como: plásticos, xurros, antibióticos, etc., que son liberados sen control e invaden numerosos hábitats de incalculable valor, colapsándoos e converténdoos en zonas de sacrificio irrecuperables.
- A Agroindustria exerce unha sobre-explotación do solo que é a maior causa da súa degradación a nivel mundial, erosionando a súa fertilidade e facéndoo máis vulnerable á desertización.
- A Agroindustria expulsa ao campesiñado dos seus fogares e dos seus territorios, destruíndo ás comunidades rurais e agrarias, a súa cultura, os seus coñecementos e a súa capacidade para producir alimentos nutritivos e saudables ao tempo que coidan do hábitat cun adecuado manexo dos agroecosistemas.
- A Agroindustria fomenta a exportación de alimentos a longas distancias, destruíndo os circuítos curtos da produción e o consumo local e incrementando os fluxos internacionais de transporte de mercadorías que aumentan a pegada ecolóxica do sistema alimentario.
- A Agroindustria apropiase da maior parte dos beneficios xerados na cadea de valor, domina e controla os mercados da distribución alimentaria e a produción de insumos e maquinarias, impoñendo prezos e condicións abusivas que afectan á viabilidade económica da actividade agraria máis sustentable, xerando dependencia das súas tecnoloxías e reducindo peligrosamente a variabilidade xenética das especies vexetais e animais das que nos alimentamos.
- A Agroindustria favorece dietas e hábitos alimentarios inadecuados, inundando o mundo con inxentes cantidades de produtos ultraprocesados que conteñen altos niveis de graxas, azúcares e proteína animal, sendo a principal causa do aumento da obesidade, o cáncer e outros moitos tipos de afeccións graves para a saúde, cada día máis extendidas entre a poboación.
- A Agroindustria exerce unha poderosa influencia sobre os órganos e institucións que deciden as políticas agroalimentarias, vulnerando a soberanía dos pobos e degradando vergonzosamente a calidade democrática dos nosos sistemas de gobernanza.
- O Agronegocio impón un réxime alimentario global condicionado polas lóxicas de mercado para extraer beneficios económicos e pola súa absoluta dependencia dos combustibles fósiles, condenándonos a unha inseguridade alimentaria permanente que pon en constante risco a reprodución da propia vida.
DECLARAMOS QUE:
-
- A agroecoloxía labrega é a única que realmente pode alimentarnos ao tempo que coida das persoas e do planeta, permitindo a súa conservación para as xeracións futuras. A agroindustria ameaza peligrosamente a posibilidade de lograr estes obxectivos. Son dous modelos definitivamente incompatibles, que non poden coexistir.
- Esiximos unha transformación radical do sistema agroalimentario mediante políticas públicas que deixen de estar ao servizo do capital e operen a favor da vida, a democracia e a xustiza socioambiental.
- Esiximos o apoio das políticas públicas ao desenvolvemento da agroecoloxía e doutras alternativas para a redución do consumo enerxético e de materiais nos procesos produtivos, fomentando ademáis o incremento da produción e a distribución local de alimentos.
- Esiximos o cumprimento efectivo dos artigos aprobados na Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Labregos e das Labregas e Outras Persoas que Traballan nas Zonas Rurais (UNDROP).
- Esiximos a regularización inmediata da poboación migrada que vive no noso territorio en situación irregular e que se respeten os dereitos de tódalas persoas que traballan na cadea alimentaria, garantindo unhas condicións laborais e de vida dignas, sen excusas e sen excepcións. Así como o cumprimento efectivo do dereito humano a unha alimentación adecuada (DHAA), que non pode depender da vontade do mercado.
- Esiximos a fin inmediata de toda forma de violencia patriarcal. A igualdade de xénero debe ser un feito constatable en todo momento e lugar.
- Esiximos a fin do maltrato ao territorio e aos ecosistemas. O equilibrio e a biodiversidade deben ser coidados activa e efectivamente, asegurando a súa sostibilidade.
- Aínda nos quedan dignidade e rebeldía suficientes como para alzar a nosa voz en defensa do ben común. Debemos organizar a nosa loita para frear a expansión da agroindustria, porque é urxente, xusto e necesario.
Por todo isto, convidamos a unirse á nosa rede a tódalas organizacións e entidades que defendan a causa da Soberanía Alimentaria, para sumar tódalas forzas posibles e coordinar as nosas accións dun modo máis efectivo.
¡Agroecoloxía ou Barbarie!
¡Globalicemos a loita, globalicemos a esperanza!
Se desexas poñerte en contacto, podes comunicarte coa nosa rede no seguinte enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Declaración UNDROP:
https://viacampesina.org/en/united-nations-declaration-on-the-rights-of-peasants-and-other-people-working-in-rural-areas/
ILP Regularización Ya!:
LISTADO DE ADHESIONES
Actualizamos la lista manualmente, tu firma puede tardar unas horas en aparecer.