Proxecto BOND (2017-2020)

Revista SABC

Disponible en castellano | Disponible en català

Dora Cabaleiro é produtora na pequena localidade de Negueira de Muñiz (Lugo). Alí traballa a terra e elabora pan e conservas que a cooperativa agroecolóxica á que pertence vende en mercados e grupos de consumo de Galiza e Asturies. No seu día a día fai, un grande esforzo para compatibilizar a devandita actividade produtiva coa crianza e coa participación no Sindicato Labrego Galego (SLG), dende onde traballa para rachar co que semella un círculo vicioso: «Para transformar o sector agrario precísanse políticas que, entre outras cousas, apoien á xente que emprenda no campo, así como o acceso á terra e a vivenda no rural… Con todo, como conseguimos presionar desde as organizacións labregas cando convivimos coa precariedade económica e persoal e dispoñemos de pouco tempo para a acción política?». Dora coñece de primeira man a achega transcendental das mulleres a estas loitas, o que a leva a denunciar que a falta de tempo é máis acusada no caso das labregas, ás que se lles engaden os traballos de coidados, máis aínda nunha situación de pandemia.

Mireia González é a secretaria xeral da Coordinadora Camperola del País Valencià (CCPV-COAG). Amais de producir e elaborar conservas artesás, rexenta un posto ecolóxico no mercado do barrio de Algirós (València) e coincide coas formulacións de Dora. «Para que o sector sexa forte e se tome máis en conta, fai falta que participe máis xente e un orzamento maior». Engade a dificultade de traballar conxuntamente co persoal técnico, xa que este ten un horario laboral, ó contrario que as produtoras. «Isto xera unha falta de coordinación e de capacidade de traballo conxunto».

As organizacións de Mireia e Dora son parte da Vía Campesina, o movemento internacional que traballa pola soberanía alimentaria, formado por centos de organizacións labregas, pescadoras, indíxenas e rurais de todo o mundo. Os esforzos de cada unha delas, a diario, conflúen deste xeito nunha loita global por situar de novo no centro a quen produce alimentos para coidar e reproducir a vida, non para enriquecerse ou especular con ela.

 
   Como conseguimos presionar desde as organizacións labregas cando convivimos coa precariedade económica e persoal e dispoñemos de pouco tempo para a acción política?   
 

Revolucións lideradas polo campesiñado

«A maior parte das revolucións e iniciativas de resistencia perante os procesos de capitalización e modernización da sociedade na historia xurdiron de movementos liderados por labregas e labregos, porque identificaban con moita claridade as inxustizas e os procesos de depredación dos bens naturais ós que se opoñían, e se seguen a opoñer, activamente», afirma Mamen Cuéllar. Mamen é investigadora no Instituto de Socioloxía e Estudos Campesiños (ISEC) da Universidade de Córdoba, e para ela hai tres claves para entender a crise das sociedades labregas: a revolución industrial, a emerxencia do capitalismo e a lexitimación da ciencia occidental. «Estas tres patas encargáronse de construír unha imaxe de todo o labrego como atrasado, obsoleto, reaccionario… As súas lóxicas e modos de vida foron deostados porque estes non permitían os procesos de modernización e capitalización do campo», engade.

En Galiza, a poboación rural vivía case exclusivamente da gandería, do coidado e aproveitamento dos montes e do cultivo da terra, con diversas prácticas e saberes que mantiñan a súa fertilidade ó longo do tempo, á vez que aproveitaban ó máximo os recursos locais, sen deixar de coidalos. Desta maneira, cubrían as necesidades básicas de autoabastecemento comunitario. Estes saberes están documentados, por exemplo, no libro Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais (Vigo: Catro Ventos Editora, 2019), que destaca un trazo labrego universal, o de non dominar nin controlar a contorna, máis ben incluírse nela. Juan Clemente, técnico da organización de Mireia, resume esa visión do ben común fronte ó modelo de produción industrial actual, de carácter individualista: «aquilo labrego non era de ninguén, xa que logo, era de todas».

A Conchi Mogo, técnica da organización de Dora, dóelle comprobar como o sector agrario está a converterse en marxinal no medio rural galego. «Amósano os datos: nos anos cincuenta, 827.000 persoas tiñan unha actividade agraria, mentres que, no 2012, son pouco máis de 59.000. Isto comporta unha progresiva desaparición da dimensión comunitaria; e neste proceso as veciñas e veciños do rural perden cada vez máis peso como suxeito activo».

Sufrir en primeira persoa esta situación e ter tan clara a importancia dun sector activo, coordinado, forte e alegre para mudala foi o detonante para que os sindicatos de Dora e Mireia e outras organizacións da Vía Campesina de Hungría, Romanía, Portugal e o Reino Unido, xunto a cooperativas emblemáticas de Noruega, Italia e Francia, amais de universidades de referencia no eido da agroecoloxía, como as de Córdoba, Coventry e Wageningen, puxeran a andar en 2017 o proxecto BOND, con fondos europeos e o apoio da FAO.


 
Bond FirstDay

 

Bond3

 

 
   Esa rede a prol da agroecoloxía a nivel europeo agora é palpable, son quen de por nomes e caras e sei que podo petar nesas portas.  
 

Futuros desexables e posibles

Por onde comezar? Como pode afrontarse un reto tan grande como o que supón un proxecto de tres anos? Conscientes do alcance, as contradicións e os atrancos, o equipo considerou que a clave era fortalecer os vínculos entre as organizacións, mellorar o seu funcionamento na medida do posible e aumentar a súa capacidade de incidencia política. Velaí que a primeira parte se planificase arredor dunha serie de viaxes de estudo a diferentes países europeos e da sistematización de experiencias de éxito, inspiradoras e útiles, que axudasen a imaxinar futuros desexables e posibles.

«Esas visitas supuxeron unha oportunidade para ver con claridade dende o terreo, porque se non o coñeces de primeira man, é difícil facerse unha idea; eu atopeinas moi enriquecedoras», di Dora, emocionada ó lembrar a súa visita a Gales, onde a organización Landworkers Alliance exerceu como anfitrioa. Mireia tamén estivo alí e salienta a importancia de ter compaxinado as visitas con momentos máis distendidos. «Houbo dous momentazos en Gales: un deles a noite de festa, cando todas acabamos bailando valse, e outro cando puidemos falar de maneira máis íntima e contarnos de onde viñamos». En total, participaron unhas sesenta persoas nestas viaxes, todas elas labregas, técnicas de organizacións ou aliadas de distintos ámbitos. Dora destaca o valor das dinámicas destinadas a coñecerse e extraer contido e emoción dende o traballo profundo, porque é iso o que che fai recoñecer de verdade á outra persoa. «Esa rede a prol da agroecoloxía a nivel europeo agora é palpable, son quen de por nomes e caras e sei que podo petar nesas portas. Axúdame saber que estamos todas a unha, porque veñen tempos duros».

O segundo bloque de actividades do proxecto BOND enfocouse máis á diagnose. Utilizáronse ferramentas de análise, metodoloxías participativas, xornadas de formación, mecánicas de xogo (gamificación) e diversos obradoiros nos distintos territorios para definir as súas prioridades e accións.

Un dos temas sobre os que se decidiu traballar foi a transformación da normativa hixiénico-sanitaria. «Estamos a ver que o marco institucional e normativo se afasta cada vez máis da esencia labrega», explica Conchi, do SLG. «Abandonouse por completo a idea dunha actividade agraria diversificada e a función tradicional de transformar alimentos para conservalos, vendelos ou saborealos de novas formas, e tamén se afastou este proceso das granxas ou leiras. Por iso se fai necesario que promovamos unha normativa hixiénico-sanitaria para producións labregas», afirma. Transformar os alimentos confire un valor engadido ó produto final e por veces as administracións bloquean proxectos produtivos labregos porque ignoran as medidas de flexibilización previstas na normativa en vigor. O SLG e o mesmo proxecto BOND consideran moi relevante, entre outros aspectos, a formación sobre estas medidas, tanto da autoridade sanitaria competente, como do persoal técnico asesor. «Con todo, consideramos que tamén sería moi interesante para a sustentabilidade económica labrega poder contar con máis obradoiros compartidos ou cun rexistro único por explotación ou granxa, con alta en distintos produtos á vez, que fomentase a diversificación de cultivos e a actividade no noso medio rural», engade.
 
Bond FirstDay

 

Bond3

 

Passar á acción

O proxecto BOND conseguiu un pouco de todo iso na súa terceira fase, a de pasar á acción. Asináronse acordos entre as partes para definir e asegurar o traballo conxunto. «Nosoutras establecemos un acordo entre as catro entidades españolas e organizamos un obradoiro sobre a normativa hixiénico-sanitaria, que tivo un grande éxito de participación e que deu pé á creación dunha rede para conseguir cambios reais», explica Juan. Alén diso, convocáronse catro obradoiros rexionais a nivel europeo cos que se acadaron posicións conxuntas sobre as políticas agrarias, o acceso ós mercados, a agricultura sostible e o apoio á acción colectiva. Outra acción fundamental foi o Foro da Xuventude, que logrou reunir a 34 mozas e mozos labregos de 34 países de Europa ó redor dunha serie de debates, que culminou nunha chamada común por un futuro agrario que inclúa á xuventude como axente principal. Juan está certo de que estas accións levarán a que outras redes existentes se fortalezan, entre elas, a mesma Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) ou o movemento de mozos europeos. «O principal é que a xente se coñecera. Se se volven atopar en espazos coma estes, recoñeceranse e daranse unha complicidade e uns afectos que axudan moito á hora de traballar», explica.

Para Mireia e Mamen, un dos momentos máis intensos e fermosos do proxecto foi o foro interrexional de Córdoba, no que as 60 participantes nas viaxes de estudo se atoparon con persoas das 17 organizacións socias do proxecto. «As presentacións de experiencias fixéronse dun xeito que, sen compartir a lingua, puideramos escenificar pensamentos e impresións comúns», recorda Mireia. «Deseñáronse momentos para falar dende outras linguaxes, por exemplo, coa representación teatral das aprendizaxes das visitas de campo ou co intercambio dende o emocional no foro aberto», explica Mamen. «Coido que estes momentos permitiron xerar unha atmosfera de empatía, de inclusión, de diversión e de apertura, o que facilitou unha conexión entre as persoas asistentes e culminou na festa de peche do foro, cun ambiente precioso de complicidades e risos», engade.

Que queda para aquelas persoas que non participamos directamente? Todas as aprendizaxes e ferramentas que se elaboraron e se puxeron en práctica estes anos, que se aplican en organizacións e redes, seguen dispoñibles na web do proxecto. Queda O celeiro ou repositorio de historias de acción colectiva. Queda a biblioteca virtual, creada pola FAO e as organizacións socias do proxecto, organizada segundo as áreas que se priorizaron: agroecoloxía, diálogo construtivo, xestión financeira, acceso ó mercado, desenvolvemento organizativo e cuestións transversais. Tamén fica alí a metodoloxía participativa que desenvolveu a Universidade de Córdoba, que permite ás organizacións realizar unha autoanálise de actitudes, limitacións e debilidades para que poidan responder mellor ás súas necesidades e aspiracións; así como os recursos lúdicos, ferramentas experimentais e participativas para facilitar a través do xogo un ambiente propicio, empático, colaborativo e creativo para xerar visións estratéxicas e solucións.

Mamen, Conchi, Dora, Mireia e Juan séntense moi satisfeitas con esta experiencia. Conchi e Juan, a parte técnica do equipo, esperan poder darlle seguimento. «Este proxecto serviu para coñecernos máis entre os colectivos, para xerar confianza, e con certeza sairán máis posibilidades de traballo conxunto, e seguiremos a loitar, en definitiva, pola soberanía alimentaria, que hoxe máis ca nunca consideramos urxente e necesaria», di Conchi.

«Para unha organización labrega como a nosa, este proxecto supuxo unha especie de subidón de autoestima», di Juan, de CCPV-COAG. Para el tamén se xerou unha rede de relacións moi rica. «Coñecemos o traballo de macrocooperativas holandesas e norueguesas, mais tamén visitamos as Cooperativas de Utilización de Maquinaria Agrícola (CUMA) francesas, que se organizaron en pequenos grupos para rexentar tendas conxuntas ou fornecer alimentos a comedores escolares. Hai pouco, estas cooperativas pedíronme contactos de Navarra e Euskadi». Juan sabe de primeira man que se crearon vínculos directos entre persoas que se coñeceron no proxecto e agora, na distancia, establecen canles de apoio mutuo. «Sen ir máis lonxe, hai un mes, nun intercambio de sementes en Castielfabib, encontrei exposto nunha mesa un cogombro branco bosníaco que o ano anterior enviara Vojin nunha carta postal, xusto ó voltar á casa logo de visitar València co proxecto. Isto non remata aquí, isto segue de miles de formas».

 

  PARA SABER MÁIS

   www.bondproject.eu

 

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia al navegar por la web.

Si continúas navegando, aceptas su uso. Saber más

Acepto
El sitio web de la revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas (www.soberaniaalimentaria.info) utiliza cookies para mejorar la experiencia de los usuarios, facilitando la navegación por nuestra web. Estamos haciendo todo lo posible por facilitar el uso de dichas cookies, así como su gestión y control al utilizar nuestros servicios.

¿Qué son las cookies?

Las cookies son pequeños archivos de texto que se almacenan en el dispositivo del usuario de Internet al visitar una página web. Es el operador del sitio web el que determina qué tipo de información contiene dicha cookie y cuál es su propósito, pudiendo además ser utilizada por el servidor web cada vez que visite dicha web. Se utilizan las cookies para ahorrar tiempo y hacer la experiencia de navegación web mucho más eficiente. No obstante, pueden ser usadas con varios propósitos diferentes que van desde recordar la información de inicio de sesión o lo que contiene un pedido de compra.

¿Cómo utiliza Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas las cookies?

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas tan solo utilizará las cookies que nos dejes utilizar. Tan solo leeremos o escribiremos cookies acerca de tus preferencias. Aquellas que hayan sido instaladas antes de modificar la configuración permanecerán en tu ordenador y podrás borrarlas haciendo uso de las opciones de configuración de tu navegador. Podrás encontrar más información al respecto más adelante.

1. Cookies propias

Se trata de cookies técnicas que recogen información sobre cómo utiliza el sitio web (por ejemplo, las páginas que visitas o si se produce algún error) y que también ayudan a Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas a la localización y solución de problemas del sitio web. Las cookies técnicas son imprescindibles y estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento de un portal web y la utilización de las diferentes opciones y servicios que ofrece. Por ejemplo, las que sirven para el mantenimiento de la sesión, la gestión del tiempo de respuesta, rendimiento o validación de opciones.

Toda la información recogida en las mismas es totalmente anónima y nos ayuda a entender cómo funciona nuestro sitio, realizando las mejoras oportunas para facilitar su navegación.

Dichas cookies permitirán:

  • Que navegues por el sitio.
  • Que www.soberaniaalimentaria.info recompile información sobre cómo utilizas la página web, para así entender la usabilidad del sitio, y ayudarnos a implementar las mejoras necesarias. Estas cookies no recogerán ninguna información sobre ti que pueda ser usada con fines publicitarios, o información acerca de tus preferencias (tales como sus datos de usuario) más allá de esa visita en particular.
Si tienes dudas o quieres hacernos alguna pregunta respecto de las cookies que utilizamos, puedes remitirnos tu consulta al correo electrónico info@soberaniaalimentaria.info

2. Cookies de terceros

Existe una serie de proveedores que establecen las cookies con el fin de proporcionar determinados servicios. Podrás utilizar las herramientas de estos para restringir el uso de estas cookies. La siguiente lista muestra las cookies que se establecen en la página web www.soberaniaalimentaria.info por parte de terceros, los fines para los que se utilizan y los enlaces a páginas web donde se puede encontrar más información sobre las cookies:

·       Cookies analíticas:

Las cookies de Google Analytics se utilizan con el fin de analizar y medir cómo los visitantes usan este sitio web. La información sirve para elaborar informes que permiten mejorar este sitio. Estas cookies recopilan información en forma anónima, incluyendo el número de visitantes al sitio, cómo han llegado al mismo y las páginas que visitó mientras navegaba en nuestro sitio web.

http://www.google.com/intl/es/policies/privacy        

·       Cookies técnicas:

AddThis es una empresa tecnológica que permite a los sitios web y a sus usuarios compartir fácilmente el contenido con los demás, a través de iconos de intercambio y de los destinos de bookmarking social. Las cookies AddThis se utilizan con el fin de habilitar el contenido para ser compartido. AddThis también se utiliza para recopilar información sobre cómo se comparte contenido del sitio web. Las cookies ayudan a identificar de forma única a un usuario (aunque no de forma personal, sino en cuanto a dirección) para no repetir tareas dentro de un periodo de tiempo especificado.

http://www.addthis.com/privacy

Disqus es un servicio gratuito que permite añadir comentarios a diferentes elementos de este sitio web. Disqus guarda en cookies tu identificación anterior en este sitio web o en otro para que no sea necesario iniciar sesión cada vez que utilices el mismo navegador.

https://help.disqus.com/customer/portal/articles/466259-privacy-policy

Cómo desactivar las cookies

Para cumplir con la legislación vigente, tenemos que pedir tu permiso para gestionar cookies. En el caso de seguir navegando por nuestro sitio web sin denegar su autorización implica que aceptas su uso.

Ten en cuenta que si rechazas o borras las cookies de navegación algunas características de las páginas no estarán operativas y cada vez que vayas a navegar por nuestra web tendremos que solicitarte de nuevo tu autorización para el uso de cookies.

Puedes modificar la configuración de tu acceso a la página web. Debes saber que es posible eliminar las cookies o impedir que se registre esta información en tu equipo en cualquier momento mediante la modificación de los parámetros de configuración de tu navegador:

Configuración de cookies de Internet Explorer

Configuración de cookies de Firefox

Configuración de cookies de Google Chrome

Configuración de cookies de Safari

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas no es titular ni patrocina los enlaces indicados anteriormente, por lo que no asume responsabilidad alguna sobre su contenido ni sobre su actualización.

El usuario puede revocar su consentimiento para el uso de cookies en su navegador a través de los siguientes enlaces:

Addthis: http://www.addthis.com/privacy/opt-out

Google Analytics: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=None

Google, Twitter, Facebook y Disqus: A través de los ajustes de cada navegador más arriba indicados para la desactivación o eliminación de cookies.